You are currently browsing the tag archive for the ‘galego’ tag.

Texto que describe la iniciativa en gallego.

Saray Li, A princesa do vento

Saray Li é unha nena de 7 anos e vive nas Illas Canarias, en Lanzarote. É unha princesa chinesa de Guangxi, unha princesa do vento. Malia a súa corta idade, Saray Li é unha loitadora. Leva dende 2010 pelexando contra un grave cancro, causado por un tumor cerebral. Demasiado para unha nena tan pequena, cun longo e duro proceso no que tivo que se enfrontar a situacións que non tiñan que ter sucedido, de ningunha das maneiras. Non hai razón que xustifique que algo así lle pase a unha nena.

Ista enfermidade fixo que tivera que pasar o último ano viaxando constantemente a Madrid para ser tratada, separándose de parte da súa familia, amigos e compañeiros da escola. Soportou case sen perde-lo sorriso operacións e duros tratamentos.

Os seus pais, Manoli e Beni, non se renderon. Nin se van render agora que semella que as cousas non resultaron como cabía esperar. Coma eles din, viaxaron até e fin do mundo para i-la buscar; e viaxarán de novo até onde faga falta para salva-la.

Agora Saray Li precisa terapias alternativas. E mesmo precisa o noso apoio, a todos os níveis. Todos podemos axudar; uns con aportacións económicas, outros con horas de dedicación, con información, con contactos. E de seguro que todos sacamos forzas para mandarlles apoio, cada uno como saiba ou como poda; todo conta e todo suma.

Para canalizar todas estas axudas, foi creado o blog https://laprincesadelviento.wordpress.com/

Solidariedade con Saray Li

Saray Li probablemente inicie agora unha nova vía de tratamentos, seguramente viaxando de novo fora de Lanzarote. A través deste blog poderemos todos seguir esta viaxe, estar informados de cómo vai e coñecer cales son as formas de axudar e apoiar que se nos vaian ocurrindo.

Xusto cando estaba preparando este blog, lin unha entrada no Twitter que dicía: “Vivir é amar, sofrir, loitar e vencer. Quen ama sofre; quen sofre loita; e quen loita, vence”. Non se podería expresar mellor. Saray Li ama e é amada. Sofreu, e moito; demasiado para a súa corta idade. Loita coma ninguén. E, coa nosa axuda, vai vencer. Saray Li é a nosa princesa do vento. Ímo-la acompañar nesta viaxe e nesta loita.

Todos podemos facer algo. Axúdasnos?

COMO PODEMOS COLABORAR

Aquí explicámoste as propostas que temos:

  • Donativos, aportacións económicas. Somos conscientes ca crise económica aféctanos a todos, mais calquera aportación, por pequena que sexa, suma. 1 só euro de cada un de nós pódese converter finalmente nunha suma considerable.
    As asociacións AFAIC e AFAC decidiron canalizar conxuntamente as doazóns á familia de Saray Li nun único número de conta e unha conta de PayPal. O obxectivo é axilizar os trámites e que sexan máis claros e efectivo.
    As doazóns pódense facer neste número de conta:
    AFAC La Caixa 2100 3268 99 2200115397
    Indicando:
    – Para Saray
    – Nome da familia
    – O voso enderezo electrónico.
    Tamén podedes facer o ingreso na conta de Paypal, un servidor seguro que pedirá os dados da tarxeta VISA, Mastercard ou calquera outra tarxeta de crédito, e o importe que ti decidiras irá a conta bancaria de AFAC.
    Entra na web de AFAC para facelo a través desta vía.
    Dende o 1 de xaneiro de 2011, AFAC foi declarada de utilidade pública, isto significa que, entre outras moitas cousas, as doazóns efectuadas dende ese ano son desgravables na declaración da renda do exercicio 2011.
  • Facebook. Podes deixar a túa testemuña, ideas, palabras de apoio, … no grupo creado na rede social Facebook: Grupo de axuda para o tratamento de Saray Li, A Princesa do Vento.
  • Podes mudar as túas imaxes de perfil no Facebook e Twitter e por as que te propoñemos. Así mostramos o noso apoio nas redes sociais. Tamén dispomos de banners para os teus blogs ou webs.
    Podes descargarte as imaxes de apoio no mesmo blog https://laprincesadelviento.wordpress.com.
Anuncios